• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

LA PECERA. DIRECTOS XACOBEO ’21. VOL. 27

LA PECERA. DIRECTOS XACOBEO ’21. VOL. 27
20 NOVEMBRO 2021

Sen restricións de capacidade e con ampliación do horario de apertura (polo de agora! 🤞🏼), as salas tocan a volta á normalidade coa punta dos dedos; o que significa que estamos a un sábado menos de que a música ao vivo tamén se poida volver desfrutar como antes. Mentres, deixámosvos un novo volume de Directos Xacobeo’21! Lembrade que as actuacións están divididas en capítulos (un por canción). Deste xeito, resulta máis sinxelo tanto acceder a calquera parte da gravación como saber exactamente que tema escoitamos en cada momento con só botarlle unha ollada á barra de progreso. Alén diso, no propio vídeo, aparece un rótulo co título ao comezo de cada tema.

 

 

LA PECERA

Desde hai case vinte anos, este local leva enchendo de música a noite viguesa. Cando cae o sol, a rúa de Pizarro convértese nunha senda obrigada de peregrinación cara este templo da boa música… e da boa cervexa! Grupos de gran calado na nosa terra, como MJ Pérez, The Lákazans ou Tincho Fernán, pasaron por esta coñecida sala, achegando a súa música en vivo ao público da Pecera, mais tamén danlle a artistas emerxentes a oportunidade de somerxerse no mundo da música e darse a coñecer. Ademais de actuacións musicais, tamén acolle outros eventos como monólogos, maxia ou teatro.

 

Dirección: Pizarro, 35, 36204 Vigo (Pontevedra)

Facebook: https://www.facebook.com/lapecera.vigo/

 

 

 

Miguel Lamas M.E.W 

A pesar da súa xuventude, este músico fenés leva xa uns cantos anos de traxectoria musical, nos que lle deu tempo a tocar a batería acompañando a grandes artistas do panorama estatal e internacional, e a acudir como invitado a festivais e eventos por todo o mundo. O seu proxecto en solitario leva dous discos publicados: Melted Lives (2016) e My Expression Way (2018). Este último caracterízase polas cancións con letras en inglés e en castelán e, sobre todo, polo seu aire fresco, mesturando estilos como o funk, o rock e o jazz, onde a improvisación xoga un papel fundamental.

 

 

 

 

Frying Luras

Esta banda viguesa leva máis de vinte anos sobre as táboas, pero aínda manteñen o espírito bulideiro do primeiro día, dispostos a seguir alimentando as ansias de rock ’n’ roll dos seus fans. Polas súas filas pasaron multitude de artistas, pero a súa formación actual a compoñen: Ignacio Ojea (baixo), Javi Ojea (guitarra e trompeta), Jose Alonso (ventos), Paco Torres (guitarra), Rafa Chao (batería) e Rubén Lorenzo (guitarra, voz). Coñécense de memoria todas as salas galegas e xa sacaron unha morea de cancións propias, cargadiñas do seu lura style! O seu último disco é Die Bucht der Schätze (2019). Spoiler: non, non é en alemán.

 

 

 

Los Wavy Gravies

Os irmás Lorre teñen máis dun proxecto musical entre mans, xa que desta volta xúntanse co contrabaixista Iván «Koko» Soutiño para formar este grupo de rock ’n’ roll, onde o punk ou mesmo o garage tamén teñen cabida, underground do máis subterráneo! O grupo formouse alá por 2014 e xa sacaron tres álbums, o máis recente o ano pasado, Rufus Is Back in Town (Family Spree Recordings, 2020); de novo, a banda leva a diversión, o baile, o humor e a enerxía por diante de todo. Nos seus concertos poderás atopar versións de grandes bandas, como The Sonics, mais tamén temas propios dos seus discos.

 

 

 

AAF’ 60

Cunha (baixo), naceu en 2016, pero todos eles xa contaban cunha gran traxectoria por separado, compartindo escenario e cartel con grandes grupos galegos. AAF’ 60 crease coa intención de facer un percorrido pola mellor música pop das décadas dos anos 60 e 70, tanto a nivel estatal como internacional, facendo versións e mesmo engadindo algúns arranxos en clave de humor. Todo iso se pode desfrutar nos seus directos, onde rememoran esa mítica música coa clase que caracteriza ao grupo.

 

 

 

 

  noticias